C. de Sanidade

Comité Clínico de Cirurxía Robótica

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: persoa titular da dirección xeral competente en materia de asistencia sanitaria do Servizo Galego de Saúde.
  • Vicepresidente/a: persoa titular da dirección xeral competente en materia de recursos económicos do Servizo Galego de Saúde.
  • Secretaría técnica: persoa que sexa persoal funcionario ou persoal estatutario da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria proposta pola persoa titular da dirección xeral.
  • Vogais:
    • Unha persoa proposta pola persoa titular en materia de recursos económicos do Servizo Galego de Saúde, de entre o persoal da dirección xeral.
    • Dúas persoas propostas pola persoa titular da dirección xeral competente en materia de asistencia sanitaria do Servizo Galego de Saúde, de entre o seu persoal.
    • Sete persoas propostas por cada unha das xerencias de área sanitaria entre persoas que desempeñen funcións relativas á organización da actividade cirúrxica.
    • Catro persoas representantes de cada unha das áreas cirúrxicas susceptibles de realizar a maior parte da actividade con este equipamento: cirurxía xeral, xinecoloxía, uroloxía e otorrinolaringoloxía, propostas pola persoa titular da dirección xeral competente en materia de asistencia sanitaria do Servizo Galego de Saúde, logo de consulta coas persoas responsables das devanditas unidades.
    • Unha persoa de enfermaría da área cirúrxica designada pola persoa titular da dirección xeral competente en materia de asistencia sanitaria do Servizo Galego de Saúde.