C. de Sanidade

Comisión de Garantía e Avaliación da Eutanasia da Comunidade Autónoma de Galicia

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: a Comisión estará constituída por doce membros, un dos cales exercerá a presidencia do órgano.
  • Secretario/a: a secretaría da Comisión será exercida por unha persoa, que deberá ter a condición de funcionaria de carreira ou persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, designada pola persoa titular da presidencia da Comisión.
  • Vogais:
    • Sete membros deberán ser persoal médico especialista e entre estes/as haberá, polo menos, un/ha internista, un/ha médico/a de atención primaria e un/ha psiquiatra
    • Dous membros deberán ser persoal de enfermaría
    • Tres membros deberán ser xuristas con coñecementos de dereito sanitario ou bioética