C. de Sanidade

Comisión Galega das Enfermidades Raras

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: Dirección Xeral competente en materia de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.
  • Vicepresidente/a: Subdirección Xeral competente en materia de avaliación asistencial e garantías do Servizo Galego de Saúde.
  • Secretario/a: a persoa designada para a coordinación do Plan galego de enfermidades raras.
  • Vogais: quince persoas designadas polo director de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, por tres anos prorrogables por igual período, entre as seguintes:
    • 9 médicos/as de cada un dos seguintes servizos: medicina interna, pediatría, medicina de familia e de diferentes especialidades médico-cirúrxicas que teñan relación coas enfermidades raras.
    • Un membro do persoal de enfermería do ámbito hospitalario e un/ha de atención primaria.
    • Un/ha farmacéutico/a.
    • Un/ha profesional cuxo traballo se desenvolva no campo da xenética.
    • Un/ha traballador/a social.
    • Un/ha representante de asociacións de pacientes con enfermidades raras.