C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores
Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: a persoa titular da consellería competente en materia de educación
- Vicepresidente/a: a persoa titular do centro directivo con competencias en ensinanzas artísticas superiores dependente da consellería competente en materia de educación
- Secretario/a: un funcionario ou unha funcionaria da consellería competente en materia de educación
- Vogais:
- A persoa titular do centro directivo con competencias en ensinanzas universitarias dependente da consellería competente en materia de educación.
- A persoa titular do centro directivo con competencias en políticas culturais dependente da consellería competente en materia de cultura.
- A persoa titular do centro directivo con competencias en materia de igualdade.
- Unha persoa de recoñecido prestixio designada pola persoa titular da consellería con competencias en materia de cultura.
- Cinco personalidades de recoñecido prestixio do ámbito das artes, nomeadas pola persoa titular da consellería con competencias en materia de educación.
- Unha persoa nomeada polo Parlamento de Galicia, de recoñecido prestixio no ámbito das ensinanzas artísticas, e por proposta de cada un dos grupos políticos con representación parlamentaria, se o Parlamento o considera procedente.