Consellería de Economía, Industria e Innovación
Consello de Cooperación de Consumo de Galicia
Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: a persoa titular da dirección do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
- Secretario/a: unha persoa funcionaria do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
- Vogais:
- Unha persoa en representación da consellería competente en materia de consumo
- Unha persoa en representación da consellería competente en materia de Administración local
- Unha persoa en representación da consellería competente en materia de saúde pública
- Unha persoa en representación da consellería competente en materia do medio rural
- Unha persoa en representación da consellería competente en materia do mar
- Unha persoa en representación da consellería competente en materia de ambiente
- Catro persoas en representación dos concellos de Galicia designados pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)