C. do Medio Rural
Consello Galego da Artesanía Alimentaria
Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: a persoa que teña a titularidade da dirección da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.
- Vicepresidente/a: a persoa que teña a titularidade da dirección xeral coas competencias en materia de industrialización e comercialización agroalimentaria.
- Secretario/a: unha persoa empregada pública ao servizo da Agacal que designe a presidencia.
- Vogais:
- Unha persoa en representación da subdirección xeral con competencias en materia de industrialización e comercialización agroalimentarias
- Unha persoa en representación da dirección xeral con competencias en materia de industrialización e comercialización pesqueira
- Unha persoa en representación da área que teña as competencias en materia de certificación da calidade da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
- Unha persoa en representación do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
- Unha persoa en representación da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
- Unha persoa en representación da consellería con competencias en artesanía non alimentaria
- Unha persoa en representación da consellería con competencias en materia de sanidade
- Unha persoa en representación de cada unha das organizacións profesionais agrarias con presenza no Consello Agrario de Galicia
- Unha persoa en representación do sector cooperativo agrario, pertencente á asociación que acredite o maior número de cooperativas asociadas
- Unha persoa en representación das organizacións de produtores do mar con presenza no Consello Galego de Pesca
- Unha persoa en representación dos consellos reguladores dos produtos alimentarios galegos
- Ata tres persoas en representación das asociacións artesanais alimentarias