Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Comisión galega de avaliación do alto nivel deportivo, do alto rendemento deportivo e do rendemento deportivo de base

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: a persoa titular da subdirección de plans e programas dependente do órgano superior da Administración autonómica con competencias en materia de deportes
  • Secretario/a: a persoa titular da xefatura de servizo de deporte en idade escolar dependente do órgano superior da Administración autonómica con competencias en materia de deporte
  • Vogais:
    • As persoas que sexan titulares das xefaturas de servizo de deportes dependentes das xefaturas territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
    • A persoa que ocupe a xerencia da Fundación do Deporte Galego
    • A persoa que ocupe a dirección do Centro Galego de Tecnificación Deportiva
    • Catro persoas en representación das federacións deportivas galegas, por proposta delas
    • Unha persoa especialista en materia deportiva que teña a condición de empregada pública ao servizo do órgano superior da Administración autonómica con competencias en materia de deporte, por proposta deste órgano