A Presidencia da Xunta
Consello do Turismo de Galicia
Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo
- Vicepresidente/a: persoa titular dun órgano superior ou de dirección da consellería con competencias en materia de Presidencia e Administracións Públicas, proposto/a pola persoa titular desta
- Secretario/a: un/unha funcionario/a do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo, cuxa designación e cesamento corresponde á persoa titular do devandito órgano superior
- Vogais:
- Un/unha representante proposto/a pola persoa titular de cada unha das consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia con competencias en infraestruturas; sanidade; economía; medio rural; e cultura, cun total de cinco, entre as persoas titulares dos órganos superiores ou de dirección das devanditas consellerías.
- Catro representantes das administracións locais propostos pola Federación Galega de Municipios e Provincias
- Unha persoa representante das universidades galegas, proposta de común acordo polos seus/súas reitores/as. En defecto de acordo, este representante terá carácter rotatorio, segundo o criterio da data de creación da universidade, comezando polo proposto pola primeira en crearse e rematando pola última. Este/a representante terá acreditada a condición de experto/a nas materias directamente relacionadas co turismo.
- Nove representantes propostos/as pola confederación de asociacións ou asociación máis representativa, con implantación en todo o territorio da Comunidade Autónoma e inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seguintes sectores turísticos:
- Dous/dúas representantes de establecementos hoteleiros
- Dous/dúas representantes de empresas de restauración
- Un/unha representante de establecementos de turismo rural
- Un/unha representante de axencias de viaxes e centrais de reservas
- Un/unha representante de hoteis balneario e hoteis talaso
- Un/unha representante de campamentos de turismo
- Un/unha representante de empresas de oferta complementaria e guías de turismo
- Un/unha representante de cada unha das tres organizacións sindicais que teñan a condición de máis representativas a nivel autonómico. Estes/as representantes deberán ter acreditado o seu labor dentro da organización en materias relacionadas directamente co turismo
- Unha persoa representante das asociacións de consumidores e usuarios proposta polo Consello Galego de Consumidores e Usuarios
- A persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo poderá nomear ademais dous vogais entre técnicos/as e especialistas no campo do turismo, que actuarán en representación da Administración da Comunidade Autónoma.