C. de Cultura e Turismo

Consello de Arquivos de Galicia

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: conselleiro/a competente en materia de arquivos e patrimonio documental
  • Vicepresidente/a:
    • Vicepresidente/a primeiro/a: persoa titular do órgano superior competente en materia de arquivos e patrimonio documental
    • Vicepresidente/a segundo/a: persoa titular do órgano de dirección da consellería competente en materia de avaliación e reforma administrativa
    • Vicepresidente/a terceiro/a: persoa titular do órgano de dirección da consellería ou entidade instrumental competente en materia de administración electrónica e sistemas de información
  • Secretario/a: xefe/a do Servizo do Sistema de Arquivos de Galicia
  • Vogais
    • En representación da Administración autonómica de Galicia:
      • A persoa titular da subdirección xeral con competencias en materia de arquivos
      • 3 persoas en representación do Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia, propostas polo órgano superior competente en materia de arquivos e patrimonio documental
    • 1 persoa en representación dos arquivos do Parlamento de Galicia, do Consello de Contas de Galicia, do Consello da Cultura Galega ou do Consello Consultivo de Galicia, por proposta dos órganos superiores de cada institución. A rotación de cada órgano establécese coa prelación indicada por cada período de renovación.
    • 1 persoa en representación dos arquivos xudiciais de Galicia, por proposta do órgano superior competente en materia de xustiza
    • 1 persoa en representación dos arquivos das universidades galegas, proposta polo Consello Galego de Universidades. Establecerase unha rotación entre as tres universidades na seguinte orde: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo, por cada período de renovación.
    • 2 persoas en representación dos arquivos das entidades locais, propostas pola Federación Galega de Municipios e Provincias
    • 1 persoa en representación dos arquivos das entidades e asociacións de dereito público ou privado, de carácter profesional, político, sindical, cultural, educativo ou relixioso de Galicia, por proposta do órgano superior competente en materia de arquivos e patrimonio documental. Establecerase unha rotación entre as devanditas entidades e asociacións por cada período de renovación.
    • 1 persoa en representación das asociacións profesionais de arquiveiros/as existentes en Galicia, proposta polo órgano superior con competencias en materia de arquivos e patrimonio documental. Establecerase unha rotación entre as devanditas entidades e asociacións por cada período de renovación.
    • 1 persoa de recoñecido prestixio no ámbito dos arquivos e do patrimonio documental, por proposta do órgano superior competente en materia de arquivos e patrimonio documental