Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Comisión Galega de Protección Civil

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: a persoa titular da consellería competente en materia de protección civil.
  • Vicepresidente/a: a persoa titular da dirección xeral con  competencias en materia de protección civil.
  • Secretaria: a persoa titular da  subdirección xeral competente en materia de protección civil.
  • Vogais:
    • Representantes da Xunta de Galicia:
      • Unha persoa en representación de cada un dos departamentos competentes en materia de seguridade industrial, de transportes, de estradas, de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña, de saúde pública, de educación, de telecomunicacións, de ambiente, de montes, de turismo, de urbanismo, de Administración local, de augas, con categoría de director/a xeral ou equivalente
      • Unha persoa en representación do Instituto de Medicina Legal de Galicia
      • Unha persoa en representación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061
      • A persoa titular da xerencia da Axencia Galega de Emerxencias
    • Representantes da Administración Xeral do Estado:
      • Dúas persoas en representación da Administración xeral do Estado
    • Representantes das entidades locais:
      • Catro persoas en representación das catro deputacións provinciais
      • Catro persoas en representación dos municipios
    • Representantes dos servizos de emerxencia:
      • Unha persoa en representación dos profesionais dos servizos contra incendios municipais
      • Unha persoa en representación dos profesionais dos servizos contra incendios e salvamento dos consorcios provinciais
      • Unha persoa en representación do voluntariado de protección civil
      • Unha persoa pertencente e en representación do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias
      • Unha persoa pertencente e en representación da Cruz Vermella Española en Galicia