C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Observatorio Galego da Biodiversidade

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: directora xeral de Conservación da Natureza
  • Vicepresidente/a: un/unha representante da consellería competente en materia de ambiente, que será designado/a pola presidencia
  • Secretario/a:
  • Vogais
    • Dous/dúas representantes da dirección xeral competente en materia de conservación da biodiversidade
    • Un/unha representante do departamento competente na xestión da Rede de Observación do Territorio da dirección xeral competente en materia de desenvolvemento sostible
    • Un/unha representante por cada unha das universidades galegas, que serán libremente designados/as por estas
    • Catro especialistas de recoñecido prestixio no estudo e na investigación de especies vertebradas, invertebradas, fanerógamas e criptógamas respectivamente, designados pola dirección xeral competente en materia de conservación da biodiversidade
    • Un/unha especialista de recoñecido prestixio no estudo e na investigación de especies do medio mariño, un/unha especialista de recoñecido prestixio no estudo e investigación de especies do medio doce acuícola e un/unha especialista de recoñecido prestixio no estudo e na investigación de especies do medio terrestre, só no suposto de que ningún dos demais vogais indicados no punto 3 deste artigo posúa coñecementos especializados nalgunha destas materias. Os/as especialistas sinalados neste punto serán designados, se for preciso, pola dirección xeral competente en materia de conservación da natureza
    • Dúas persoas en representación das asociacións inscritas no rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible que teñan entre os seus fins a conservación da biodiversidade en Galicia, que serán designadas por estas