Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: persoa titular da consellería da Xunta de Galicia competente en materia de ambiente
  • Vicepresidente/a: persoa titular da dirección xeral da Xunta de Galicia competente en materia de calidade ambiental, sostibilidade e cambio climático, que desempeñará as funcións atribuídas á presidencia nos casos de ausencia, vacante, enfermidade, así coma nos casos en que se teña declarado a súa abstención ou recusación
  • Secretario/a: persoa titular da dependencia administrativa que determine o decreto de estrutura da consellería da Xunta de Galicia competente en materia de ambiente
  • Vogais
    • En representación da Xunta de Galicia: persoas titulares dos órganos superiores ou de dirección das consellerías ou, de ser o caso, dos órganos de goberno ou dirección das entidades instrumentais do sector público autonómico con competencias en cada unha das seguintes áreas:
      • Relacións exteriores e coa Unión Europea
      • Ordenación do territorio e urbanismo
      • Calidade ambiental
      • Paisaxe
      • Conservación da natureza
      • Augas
      • Industria
      • Saúde pública
      • Política social
      • Medio rural
      • Mar
      • Educación
      • Traballo
    • En representación da sociedade civil:
      • Un/unha representante de cada un dos sindicatos presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas
      • Tres representantes da Confederación de Empresarios de Galicia
      • Catro representantes de organizacións de carácter ambiental
      • Un/unha representante do Consello da Xuventude
      • Un/unha representante da Sociedade Galega de Educación Ambiental
      • Un/unha representante da Confederación Galega de Veciños
      • Un/unha representante do Consello Galego de Consumidores e Usuarios
      • Un/unha representante da Universidade de Santiago de Compostela
      • Un/unha representante da Universidade de Vigo
      • Un/unha representante da Universidade da Coruña
      • Catro representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias
      • Tres representantes das organizacións profesionais agrarias máis representativas de Galicia
      • Un/unha representante da Federación Galega de Confrarías de Pescadores