Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo
Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: a persoa titular da consellería competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo
- Vicepresidente/a: con voz e voto, a persoa titular da dirección xeral competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo
- Secretario/a: a persoa titular da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo da dirección xeral competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo da consellería competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo
- Vogais:
- A persoa titular da dirección da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia
- A persoa titular da dirección xeral competente en materia de Administración local
- A persoa titular da dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural
- A persoa titular da dirección xeral competente en materia de planificación enerxética e recursos naturais
- A persoa titular da dirección xeral competente en materia de gandaría, agricultura e industrias agroalimentarias
- A persoa titular da dirección xeral competente en materia de planificación e ordenación forestal
- A persoa titular da dirección xeral competente en materia de calidade ambiental, sostibilidade e cambio climático
- A persoa titular da dirección xeral competente en materia de patrimonio natural
- A persoa titular da dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
- A persoa titular da dirección do Instituto de Estudos do Territorio
- A persoa titular da dirección do Instituto Galego da Vivenda e Solo
- A persoa titular da dirección de Augas de Galicia
- A persoa titular da dirección da Axencia Galega de Infraestruturas
- Catro titulares de alcaldía designados/as pola Federación Galega de Municipios e Provincias: un/unha titular de alcaldía de municipios con menos de 5.000 habitantes; un/unha dos municipios de entre 5.000 e 20.000 habitantes; un/unha dos municipios de entre 20.001 e 50.000 habitantes; e outro/a de entre os municipios de máis de 50.000 habitantes
- A persoa titular da presidencia de cada unha das deputacións provinciais de Galicia
- Tres persoas en representación dos colexios oficiais con competencias nos eidos da ordenación do territorio e do urbanismo, en coherencia co establecido no Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Para os efectos do sinalado, deberá designarse un/unha representante por cada un dos seguintes colexios profesionais: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e Colexio Oficial da Avogacía de Galicia
- Dúas persoas representantes das organizacións empresariais de sectores especialmente relacionados coa ordenación do territorio e o urbanismo
- A persoa titular da Secretaría Xeral da Xunta Consultiva en Materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo
- Un/unha asesor/a xurídico/a da consellería competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo