C. de Cultura e Turismo

Consello de Avaliación Documental de Galicia

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: persoa titular do órgano superior competente en materia de arquivos e patrimonio documental
  • Vicepresidente/a: persoa titular do órgano de dirección competente en materia de avaliación e reforma administrativa no ámbito do sector público autonómico de Galicia
  • Secretario/a: persoa titular da xefatura de servizo con competencia no Sistema de Arquivos de Galicia
  • Vogais:
    • En representación da Administración autonómica de Galicia:
      • 1º A persoa titular da subdirección xeral con competencias en materia de arquivos
      • 2º A persoa titular da xefatura de servizo con competencias no Arquivo de Galicia
      • 3º A persoa titular da xefatura de servizo con competencias no Sistema de Arquivos de Galicia
      • 4º Dous arquiveiros ou arquiveiras en representación do Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia, por proposta do órgano superior con competencias en materia de arquivos e patrimonio documental
      • 5º Unha persoa en representación do órgano directivo ou entidade pública instrumental con competencias en materia de administración electrónica, por proposta do órgano superior con competencias en administración electrónica
      • 6º Un letrado ou letrada, en representación da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, por proposta da Dirección Xeral da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia
      • 7º Un interventor ou interventora, en representación da Intervención Xeral da Xunta de Galicia, por proposta do interventor xeral da Xunta de Galicia
      • 8º Un técnico ou técnica superior en representación do órgano directivo ou entidade pública instrumental con competencias en materia de estatística, por proposta do órgano superior con competencias en materia de estatística
    • En representación dos órganos integrantes do Sistema de Arquivos de Galicia:
      • 1º Un arquiveiro ou arquiveira en representación do Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo, Consello de Contas de Galicia, Consello da Cultura Galega ou Consello Consultivo de Galicia, por proposta do órgano superior de cada institución. Establécese a rotación de cada órgano coa prelación indicada.
      • 2º Dous arquiveiros ou arquiveiras en representación dos arquivos das administracións locais, por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias
      • 3º Un arquiveiro ou arquiveira en representación dos arquivos universitarios, por proposta do Consello Galego de Universidades
      • 4º Un arquiveiro ou arquiveira en representación dos arquivos xudiciais, por proposta da consellería con competencias en materia de xustiza
      • 5º Unha persoa experta en historia contemporánea, por proposta do órgano superior da consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental
      • 6º Unha persoa en representación do órgano directivo con competencias en materia de avaliación e reforma administrativa, por proposta da consellería con competencias en materia de administracións públicas