C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia
Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: director/a xeral do Patrimonio Cultural
- Vicepresidente/a: subdirector/a xeral de Protección do Patrimonio Cultural
- Secretario/a: xefe/a de servizo de Protección e Fomento
- Vogais
- Un/unha representante do Consello da Cultura Galega: Ramón Yzquierdo Perrín
- Un/unha representante do Sistema Universitario Público galego, elixido entre docentes en materias relacionadas coas mencionadas no parágrafo a). Establecerase unha rotación entre as tres universidades cada tres anos, na seguinte orde: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo: Andrés Rosende Valdés (USC)
- Seis persoas nomeadas por proposta da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, elixidas entre facultativos/as de grao superior ou medio de museos, arquivos e bibliotecas, membros das academias galegas, e investigadores/as, expertos/as ou docentes en materias relacionadas coa historia, historia da arte, arquitectura, etnoloxía, arqueoloxía ou restauración, sendo un/unha deles experto/a en arte contemporánea:
- María Victoria Carballo-Calero Ramos
- José Carlos Valle Pérez
- Manuel Chaín Pérez
- Nuria Serrano Téllez
- María del Carmen Prieto Ramos
- Tomás Rodríguez Fernández
- Dúas persoas nomeadas por proposta da persoa titular da consellería con competencia en materia de facenda, titulares dunha subdirección ou xefatura de servizo, unha con funcións en materia de tributos e outra con funcións en materia de patrimonio da Comunidade Autónoma:
- O subdirector xeral do Patrimonio, Pablo Moure Parrilla
- O xefe da área de Inspección Tributaria, Juan Antonio Mosquera Pena