C. de Cultura, Educación e Universidade
Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia
Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: persoa titular da consellería competente en materia de bibliotecas
- Vicepresidente/a: persoa titular da secretaría xeral competente en materia de bibliotecas ou, na súa falta, da dirección xeral en materia de bibliotecas
- Secretario/a: persoa titular da xefatura do servizo con funcións en materia do Sistema Galego de Bibliotecas
- Vogais
- persoa titular da subdirección xeral con competencias en materia de bibliotecas
- un/unha bibliotecario/a da Biblioteca de Galicia, por proposta da persoa titular da secretaría xeral con competencias en materia de cultura
- un/unha bibliotecario/a en representación das bibliotecas públicas de titularidade estatal ou autonómica situadas dentro do territorio de Galicia, por proposta da persoa titular da secretaría xeral con competencias en materia de cultura
- un/unha bibliotecario/a representante das bibliotecas de titularidade pública local proposto/a pola FEGAMP
- un/unha representante das bibliotecas de titularidade privada integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, por proposta da persoa titular da secretaría xeral con competencias en materia de cultura
- un/unha representante das bibliotecas especializadas, por proposta da persoa titular da secretaría xeral con competencias en materia de cultura
- un/unha representante das asociacións profesionais de bibliotecarios/as das existentes en Galicia, por proposta da persoa titular da secretaría xeral con competencias en materia de cultura
- unha persoa de prestixio no ámbito das bibliotecas e do patrimonio bibliográfico, por proposta do Consello da Cultura Galega