C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Consello Asesor do Libro
Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: persoa titular da consellería competente en materia de cultura (conselleiro/a de Cultura, Educación e Universidade)
- Vicepresidente/a: persoa titular do centro directivo competente en materia do libro e da lectura (secretario xeral de Cultura)
- Secretario/a: persoa titular do servizo competente en materia do libro e da lectura (xefe/a do Servizo do Libro, Publicacións e do Depósito Legal)
- Vogais:
- A persoa titular da subdirección xeral competente en materia do libro e da lectura (subdirector/a xeral de Bibliotecas e do Libro)
- Un/unha representante da consellería competente en materia de educación (Subdirección Xeral de Centros)
- Un/unha representante da consellería competente en materia de industria (subdirector/a xeral de Coordinación Administrativa da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación)
- Un/unha representante do departamento competente en materia de política lingüística (Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística)
- Un/unha representante da FEGAMP
- Oito vogais elixidos/as polos diferentes axentes do libro, entre escritores/as, tradutores/as, ilustradores/as, editores/as, artes gráficas, distribuidores/as, libreiros/as e bibliotecarios/as:
- Escritores/as: presidencia da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
- Ilustradores/as: presidencia da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración
- Editores/as: presidencia da Asociación Galega de Editoras
- Tradutores/as: vogalía de tradución literaria da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación
- Artes gráficas: presidencia do Clúster de Comunicación de Galicia
- Distribuidores/as: un/unha representante das empresas galegas de distribución de libros
- Libreiros/as: presidencia da Federación de Librarías de Galicia
- Bibliotecarios/as: secretaría da Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Profesionais da Documentación de Galicia