C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Consello Asesor dos Camiños de Santiago
Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: persoa titular da dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural
- Vicepresidente/a: persoa titular da subdirección xeral competente en materia de protección dos Camiños de Santiago. Nos casos de vacante, ausencia, imposibilidade ou outra causa legal, o/a vicepresidente/a do consello será substituído/a pola persoa titular da subdirección xeral competente en materia de conservación e restauración de bens culturais
- Secretario/a: persoa titular do servizo de protección e fomento da dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural
- Vogais:
- Persoa titular da subdirección xeral competente en materia de conservación e restauración de bens culturais
- Persoa titular do servizo correspondente de planeamento e inventario da dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural
- Unha persoa en representación da consellería competente en materia de urbanismo
- Unha persoa en representación do Consello da Cultura Galega
- Dúas persoas de recoñecido prestixio e coñecemento en materia dos Camiños de Santiago, designadas pola persoa titular da dirección xeral competente en materia de patrimonio cultural
- Unha persoa en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias con coñecementos en materia de patrimonio cultural
- Unha persoa en representación do centro directivo ou entidade pública instrumental da Xunta de Galicia competente en materia de turismo