C. do Medio Rural
Consello Forestal de Galicia
Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: a persoa titular da Consellería do Medio Rural
- Vicepresidente/a: a persoa titular da Dirección Xeral de Montes (agora Dirección Xeral de Ordenación Forestal)
- Secretario/a: o/a subdirector/a xeral de Recursos Forestais
- Vogais:
- 4 vogais en representación das restantes direccións xerais de Consellería do Medio Rural.
- 5 vogais en representación da Administración galega, con categoría, polo menos, de subdirector/a xeral; corresponde un a cada unha das consellerías seguintes: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Consellería de Facenda, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Consellería de Economía e Industria e Consellería de Traballo e Benestar.
- 4 vogais en representación dos departamentos territoriais da Consellería do Medio Rural.
- 3 vogais en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
- 8 vogais en representación da propiedade forestal.
- 4 vogais en representación das organizacións empresariais máis representativas do sector forestal.
- 1 vogal en representación do clúster da madeira.
- 3 vogais en representación das organizacións sindicais agrarias máis representativas a nivel autonómico.
- 1 vogal en representación das organizacións de gandeiros/as.
- 1 vogal en representación da Federación Galega de Caza.
- 1 vogal en representación das asociacións micolóxicas de Galicia.
- 1 vogal en representación das asociacións de consumidores/as de Galicia.
- 1 vogal en representación de cada un dos colexios profesionais autonómicos de enxeñeiros/as de montes e de enxeñeiros/as técnicos forestais.
- 1 vogal en representación do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.
- 1 vogal en representación do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira en Galicia (CIS).
- 1 vogal en representación de cada unha das tres universidades galegas.
- 2 vogais en representación das organizacións de defensa ambiental inscritas no Rexistro Autonómico de Asociacións Protectoras do Medio Ambiente.
- 3 persoas expertas con recoñecida experiencia e prestixio profesional no sector forestal.