C. de Política Social e Xuventude
Consello Galego de Benestar
Composición do órgano colexiado
- Presidente: persoa titular da consellería competente en materia de servizos sociais. (Actualmente: conselleiro de Política Social)
- Secretario/a: persoa titular dunha das subdireccións xerais competentes en materia de servizos sociais comunitarios ou familia, por esta orde respectivamente, adscritas ao órgano superior que teña atribuída a función de coordinación dos servizos sociais (actualmente: subdirectora xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia)
- Vogais
- Sete en representación das consellerías da Administración autonómica competente nas seguintes áreas, por proposta dos seus respectivos órganos superiores:
- Un representante da Consellería de Traballo e Benestar da área de traballo.
- Un representante da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- Un representante da Consellería de Sanidade.
- Un representante da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da área de vivenda.
- Un representante da Presidencia da Xunta de Galicia na área de igualdade.
- Dous/dúas pola Consellería de Traballo e Benestar da área de benestar.
- Seis en representación das entidades locais por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias dos/das cales tres serán en representación dos concellos de máis de 20.000 habitantes e tres en representación dos concellos de menos de 20.000 habitantes.
- Tres en representación das organizacións sindicais máis representativas na comunidade autónoma, por proposta das respectivas organizacións sindicais, para o que se aplicará o criterio de maior representatividade de carácter intersectorial no ámbito de Galicia.
- Tres en representación das organizacións empresariais intersectoriais máis representativas na comunidade autónoma, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia.
- Tres en representación das organizacións profesionais agrarias máis representativas a nivel galego, por proposta do Consello Agrario Galego.
- Doce en representación das entidades prestadoras de servizos sociais definidas no artigo 30 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais, que serán elixidos/as entre as entidades inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Traballo e Benestar, de xeito que se garanta unha representación de cada área de actuación, por proposta da Secretaría Xeral de Política Social ou do órgano que teña atribuída a coordinación do funcionamento do Consello Galego de Benestar Social, que resulten do procedemento establecido no artigo 6 deste decreto.
- Dous en representación das asociacións que velen polos intereses dos usuarios de centros e servizos sociais, propostos/as polo Consello Galego de Consumidores e Usuarios.
- Tres representantes das universidades de Galicia, un/unha por cada unha delas designados polos seus órganos de goberno.
- Un/unha en representación de cada un dos seguintes colexios profesionais, propostos polo seu órgano de goberno:
- 1.º Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.
- 2.º Colexio de Politólogos/as e Sociólogos/as de Galicia.
- 3.º Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.
- 4.º Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
- Dous representantes da Administración xeral do Estado, a proposta da delegación de Goberno en Galicia (de acordo co artigo 40.2 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, modificado pola disposición final primeira da Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración) - pendentes de nomeamento
- Un representante da Administración autonómica con rango de director xeral ou secretario xeral, proposto polo titular da consellaría competente en materia de xustiza - (D.T.4ª Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico) - pendentes de nomeamento
- Dous representantes das asociacións de inmigrantes que actúen no ámbito da inmigración na Comunidade Autónoma de Galicia - (D.T.4ª Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico) - pendentes de nomeamento
- Unha persoa representante das organizacións sen fins de lucro que traballen a prol da integración dos inmigrantes en Galicia - (D.T.4ª Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico) - pendentes de nomeamento
- Sete en representación das consellerías da Administración autonómica competente nas seguintes áreas, por proposta dos seus respectivos órganos superiores: