C. de Política Social e Xuventude

Consello Galego de Acción Voluntaria

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: directora xeral (de Xuventude, Participación e Voluntariado)
  • Vicepresidentes/as:
    • Primeiro: subdirector/a xeral en materia de voluntariado
    • Segundo: representante dunha entidade de acción voluntaria que represente a un maior número de entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro
  • Secretario/a: funcionario cun posto de traballo de nivel non inferior ao 25
  • Vogais
    • 11 vogais en representación da Xunta de Galicia (rango non inferior ao de director/a xeral) nas materias de servizos sociais, medio ambiente, protección civil, cooperación exterior, saúde, medio rural, medio mariño, educación, cultura,traballo e igualdade de xénero.
    • 4 vogais en representación da Fegamp
    • 1 vogal en representación do Consello Asesor e Consultivo da Xuventude de Galicia
    • 3 vogais en representación das organizacións empresariais máis representativas de Galicia
    • 3 vogais en representación das organizacións sindicais máis representativas de Galicia
    • 1 vogal en representación de cada unha das tres universidades galegas
    • 9 vogais en representación das entidades de acción voluntaria por cada unha das seguintes áreas: servizos sociais, medio ambiente, protección civil, cooperación exterior, saúde, medio rural, educación, cultura e igualdade.