A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Comité Galego de Xustiza Deportiva

O Comité Galego de Xustiza Deportiva está integrado por cinco membros e dous suplentes, para os supostos de vacantes, enfermidade ou ausencia, todos eles licenciados en dereito. O nomeamento dos membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva realízase polo órgano da Administración autonómica competente en materia deportiva.

O comité está asistido por un/ha secretario/a designado/a pola Administración autonómica, que ten a condición de funcionario, que actúa nas reunións con voz pero sen voto.