A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte
Comisión Galega de Control da Violencia
Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: a persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de deporte
- Vicepresidente/a: unha persoa en representación do órgano competente en materia de deporte da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
- Secretario/a: unha persoa que teña a condición de empregada pública ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma
- Vogais:
- Unha persoa en representación do órgano competente en materia de emerxencias e interior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
- Unha persoa en representación do órgano competente en materia de educación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
- As persoas que ocupen o posto de xefatura de servizo de deportes en cada unha das xefaturas territoriais
- Dúas persoas que teñan ou tivesen a condición de colexiadas ou xuízas deportivas
- Dúas persoas en representación das federacións deportivas galegas
- Dúas persoas que teñan ou tivesen a condición de deportistas federadas
- Dúas persoas expertas de recoñecido prestixio no ámbito de competencias da comisión
- Unha persoa en representación do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia