Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Comisión Galega de Prevención e Represión da Dopaxe
Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: a persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de deporte
- Vicepresidente/a: unha persoa en representación do órgano competente en materia de deporte da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
- Secretario/a: unha persoa que teña a condición de empregada pública ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma
- Vogais:
- Unha persoa en representación do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de saúde pública
- Unha persoa en representación do órgano competente en materia de educación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
- Unha persoa que teña ou tivese licenza federativa de árbitro ou xuíz/xuíza
- Unha persoa proposta polas federacións deportivas galegas
- Unha persoa que teña ou tivese a condición de deportista federado
- Unha persoa en representación do Consello de Colexios de Médicos de Galicia
- Unha persoa en representación do Colexio Oficial ou colexios oficiais de Farmacéuticos de Galicia
- Unha persoa en representación do Colexio Oficial ou colexios oficiais de Químicos de Galicia
- Unha persoa en representación do Colexio Oficial ou colexios oficiais de Enfermaría de Galicia
- Dúas persoas expertas de recoñecido prestixio, designadas polas facultades dedicadas ao ensino universitario do deporte e da educación física no Sistema universitario galego
- Dúas persoas designadas pola persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de deporte entre persoas de recoñecido prestixio nos ámbitos científico-técnico, deportivo, médico ou xurídico