A Presidencia da Xunta; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: a persoa titular da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
- Vicepresidente/a primeiro/a: a persoa titular da Dirección da Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
- Vicepresidente/a segundo/a: a persoa titular da Dirección da Área de Modernización das Administracións Públicas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
- Secretario/a: unha persoa pertencente á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia con nivel mínimo de xefe/a de departamento
- Vogais:
- A persoa titular da Dirección da Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
- A persoa titular da Dirección da Área de Modernización das Administracións Públicas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
- A persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Innovación
- A persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
- A persoa titular da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
- A persoa titular da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda
- A persoa titular da Dirección do Instituto Galego de Estatística
- Unha persoa titular de competencias no ámbito da sociedade da información e a modernización pertencente á Administración xeral do Estado
- Unha persoa representante das universidades públicas de Galicia, designada por proposta do Consello Galego de Universidades
- Unha persoa representante dos concellos de Galicia designada por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)
- Unha personalidade de recoñecido prestixio a nivel autonómico, nacional ou internacional en materia de sociedade da información
- Unha personalidade de recoñecido prestixio a nivel autonómico, nacional ou internacional en materia de modernización administrativa
- Unha persoa representante de cada un dos sindicatos presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas
- Un número de persoas equivalente ao de representantes sindicais, designadas por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia