A Presidencia da Xunta; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Comisión de Seguridade e Goberno Electrónico

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: quen posúa a titularidade da dirección da entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica
  • Secretario/a: unha persoa empregada pública ao servizo da entidade instrumental con competencias en materia de modernización tecnolóxica
  • Vogais:
    • 1.º) Quen posúa a titularidade da secretaría xeral da Presidencia da Xunta de Galicia, das secretarías xerais técnicas das consellerías e da vicepresidencia ou vicepresidencias, de existiren estas
    • 2.º) Quen posúa a titularidade da Dirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral
    • 3.º) Quen posúa a titularidade da área encargada da definición das directrices e estándares de seguridade da información, na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica
    • 4.º) Quen posúa a titularidade da área encargada da modernización das administracións públicas, na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica