A Presidencia da Xunta; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Subcomisión de Seguridade

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: a persoa que posúa a titularidade da área encargada das directrices e estándares de seguridade da información, na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica
  • Vicepresidente/a: a persoa que posúa a titularidade do departamento encargado da definición das directrices e estándares de seguridade da información, na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica
  • Secretario/a: unha persoa empregada pública ao servizo da entidade con competencias en materia de modernización tecnolóxica
  • Vogais:
    • Unha persoa que exerza o rol de coordinador/a de seguridade da información, de conformidade co artigo 5.j), pola Presidencia da Xunta de Galicia, por cada unha das consellerías e pola vicepresidencia ou vicepresidencias, de existiren estas. Se nalgún destes órganos o rol de coordinador/a de seguridade da información estivese asignado a un órgano colexiado, deberase propoñer de entre os membros deste unha persoa representante para que forme parte desta subcomisión. Estes membros da subcomisión, así como as súas persoas suplentes, serán nomeados polas persoas titulares da Secretaría Xeral da Presidencia e das respectivas secretarías xerais técnicas