A Presidencia da Xunta; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Subcomisión de Interoperabilidade e Administración Electrónica
Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: a persoa que posúa a titularidade da área encargada da modernización tecnolóxica na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica
- Vicepresidente/a: a persoa que posúa a titularidade do departamento encargado do desenvolvemento da administración electrónica na entidade instrumental competente en materia de modernización tecnolóxica
- Secretario/a: unha persoa empregada pública ao servizo da entidade instrumental con competencias en materia de modernización tecnolóxica
- Vogais:
- A persoa que posúa a titularidade do órgano de dirección con competencias en avaliación e reforma da Administración xeral de Galicia ou a persoa na que delegue
- A persoa que posúa a titularidade da Dirección Xeral da Asesoría Xurídica Xeral ou a persoa na que delegue
- A persoa que posúa a titularidade do órgano de dirección con competencias en función pública ou a persoa na que delegue
- Unha persoa en representación da secretaría xeral da Presidencia da Xunta de Galicia, de cada unha das secretarías xerais técnicas das consellerías e da vicepresidencia ou vicepresidencias, de existiren estas