A Presidencia da Xunta

Comisión Organizadora do Xacobeo 2021

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: a persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia
  • Vicepresidente/a: dúas vicepresidencias, a Vicepresidencia primeira corresponderá á persoa titular da consellería con competencias en materia de Cultura e a Vicepresidencia segunda corresponderá á persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia
  • Secretario/a: unha persoa que sexa funcionaria pública autonómica, con rango mínimo de xefe/a de servizo, designada pola persoa titular da Presidencia da Comisión por proposta da Axencia de Turismo de Galicia, que actuará con voz pero sen voto
  • Vogais
    • Vogais en representación do sector público autonómico:
      • Unha persoa representante da Presidencia
      • Unha persoa representante da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
      • Unha persoa representante da Consellería de Facenda
      • Unha persoa representante da Consellería de Infraestruturas e Vivenda
      • Unha persoa representante da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
      • Unha persoa representante da Consellería de Política Social
      • Unha persoa representante da Secretaría Xeral de Medios
      • Unha persoa representante da Axencia Turismo de Galicia
      • Unha persoa representante da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo
    • Vogais en representación doutras administracións e institucións. Invitaranse para a designación por cada unha delas dun vogal as seguintes administracións ou institucións:
      • A delegación do Goberno en Galicia
      • O arcebispado de Santiago de Compostela
      • O Concello de Santiago de Compostela
      • A Fegamp, en representación dos concellos de Galicia polos cales pasan os Camiños de Santiago