C. do Medio Rural; Secretaría Xeral Técnica
Mesa da Castaña
Composición do órgano colexiado
- Presidente/a: a persoa titular da Dirección da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
- Secretario/a: persoa da Axencia Galega da Calidade Alimentaria nomeada pola presidencia
- Vogais:
- Dúas persoas en representación da dirección xeral competente en materia de produción forestal, nomeadas pola persoa titular desta.
- A persoa titular da dirección do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.
- Unha persoa en representación do departamento que teña as competencias de control e certificación alimentaria da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, designada pola persoa titular da dirección da devandita axencia.
- Unha persoa en representación da dirección xeral competente en materia de produción agrícola, nomeada pola persoa titular da devandita dirección xeral.
- Dúas perso as expertas na materia, designadas pola persoa titular da presidencia.
a) Representantes da Administración xeral da comunidade autónoma: - b) Representantes dos axentes sociais relacionados co sector da castaña dentro da comunidade autónoma:
- Dúas persoas en representación da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia, nomeadas polo seu consello regulador.
- Unha persoa en representación das organizacións de propietarios forestais.
- Unha persoa en representación das/os produtoras/es de castaña.
- Unha persoa en representación das operadoras, comercializadoras e almacenistas en fresco.
- Unha persoa representante do sector das industrias de procesamento.
- Dúas persoas en representación dos viveiros de produción de planta de castaña.
- Unha persoa en representación do sector cooperativo galego.