C. de Política Social e Xuventude
Observatorio Galego de Dinamización Demográfica
Composición do órgano colexiado
- Presidente/a:persoa titular da consellería competente en materia de benestar social
- Vicepresidente/a: persoa titular da dirección xeral competente en materia de dinamización demográfica
- Secretario/a: persoa funcionaria adscrita á dirección xeral competente en materia de dinamización demográfica, que será nomeada pola persoa titular da Presidencia
- Vogais:
- 1 vogal, con rango mínimo de xefatura de servizo, designado/a polos órganos dependentes da Presidencia e por cada unha das consellerías da Xunta de Galicia
- 1 persoa en representación do Consello Galego de Relacións Laborais
- 1 persoa en representación do Instituto Galego de Estatística (IGE)
- 1 persoa en representación da Delegación do Goberno en Galicia
- 1 persoa en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)
- 1 persoa en representación de cada unha das tres universidades galegas
- Un número de persoas equivalente ao de representantes sindicais en representación da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)
- 1 persoa en representación de cada unha das organizacións sindicais intersectoriais máis representativas de Galicia, así como das presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas que non teñan a condición de máis representativas
- 2 persoas expertas de recoñecido prestixio no campo da demografía
- 1 persoa en representación do órgano superior da Xunta de Galicia con competencias en materia de igualdade