C. de Política Social

Observatorio Galego da Familia e da Infancia

A súa creación está prevista no artigo 4 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

Artigo 4. Órganos asesores e de participación.
1. Crearanse os seguintes órganos asesores e de participación:
a) O Consello Galego da Familia, como órgano colexiado permanente de participación e consulta da Xunta de Galicia, para a planificación e o desenvolvemento das políticas que a afecten.
b) O Observatorio Galego da Familia e da Infancia, como órgano colexiado de carácter asesor e de apoio, análise, investigación, estudo e proposta de actuacións en materia de familia e de infancia.
2. Ambos os órganos estarán adscritos á consellaría competente en materia de familia.
3. A composición e as funcións tanto do Consello Galego da Familia coma do Observatorio Galego da Familia e da Infancia estableceranse regulamentariamente.