C. de Sanidade

Comisión Técnica para o seguimento e avaliación do Plan Obesidade Zero en Galicia

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: a presidencia da Comisión correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral competente en materia de estilos de vida saudables ou persoa que considere.
  • Secretario/a: a secretaría da Comisión será exercida con voz e sen voto, non sendo membro da Comisión Técnica, pola persoa titular do servizo competente na planificación, programación e a xestión das actividades dos programas de promoción de estilos de vida saudables e a difusión da información sobre os mencionados programas.
  • Vogais:
    • a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ou persoa en quen delegue
    • unha persoa en representación das xefaturas territoriais da Consellería de Sanidade
    • a persoa titular da presidencia da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)
    • a persoa titular da Fundación Deporte Galego
    • a persoa titular da Dirección Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade
    • a persoa coordinadora ou representante do corpo de dietistas nutricionistas do Servizo Galego de Saúde

Data de actualización: 28/02/2024