C. de Sanidade

Consello Autonómico de Acreditación de Centros Sanitarios da Comunidade Autónoma de Galicia

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: a presidencia do Consello será exercida pola persoa titular do órgano directivo con competencias en materia de inspección de servizos sanitarios. En caso de ausencia, vacante ou enfermidade da persoa titular da Presidencia, esta será substituída pola persoa de maior idade que ocupe algunha das vogalías
  • Secretario/a: asumirá a Secretaría do Consello, con voz pero sen voto, unha persoa empregada pública ao servizo do órgano directivo con competencias en materia de inspección de servizos sanitarios, nomeada polo Consello por proposta da súa Presidencia.
  • Vogais:
    •  
    • Tres vogais inspectores/as ou subinspectores/as sanitarios/as, adscritos ao órgano da Administración con competencias en inspección de servizos sanitarios, designados/as pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da consellería con competencias en materia de sanidade, por proposta da persoa titular do devandito órgano.
    • Dous/dúas vogais pertencentes ao centro directivo do Servizo Galego de Saúde con competencias en materia de asistencia sanitaria, designados/as pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, por proposta da persoa titular do devandito órgano directivo.

Data de actualización: 13/02/2024