Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Comisión de desaugamento da Zona Hidrográfica Galicia Centro

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: a persoa titular da Comisaría de Augas.
  • Secretario/a: unha persoa adscrita á Subdirección Xeral de Réxime Xurídico.
  • Vogais:
    • Ata tres membros do persoal técnico de Augas de Galicia.
    • Un/unha representante por cada municipio, mancomunidade de municipios, consorcio, área metropolitana ou entidade subministradora titular de concesións de abastecemento de auga con poboación abastecida superior a cen mil habitantes.
    • Ata un máximo de dous/dúas representantes pola agrupación única do resto dos municipios abastecidos, un/unha representante por cada cen mil habitantes ou fracción.
    • Un/unha representante por cada Administración ou institución pública titular de grandes encoros, de acordo coa definición de grande encoro prevista na normativa xeral en materia de augas.
    • Nos usos agrícolas de rega que utilicen augas superficiais, pola agrupación de todas as comunidades de persoas regadoras e persoas regadoras individuais, un/unha representante, elixido/a entre eles/elas.
    • Cada empresa produtora de enerxía eléctrica con potencia hidroeléctrica instalada superior a 100.000kVA designará un/unha representante.
    • Polo resto de aproveitamentos non incluídos entre os anteriores e en representación de intereses non específicos, a persoa titular da Dirección de Augas de Galicia poderá designar ata dous/dúas representantes máis.
    • Garantirase, en todo caso, a representación individual ou colectiva das entidades públicas ou privadas que teñan algún dereito específico sobre o encoro de que se trate.
    • Dúas persoas en representación da consellería con competencias en materia de augas.
    • Unha persoa en representación da consellería en materia de industria.
    • Unha persoa en representación da consellería en materia de pesca.
    • Unha persoa en representación da consellería en materia de protección civil.

 

Data de actualización: 09/01/2024