Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Consello Reitor de Augas de Galicia

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: a persoa titular da consellería da Xunta de Galicia en materia de augas.
  • Vicpresidente/a: a persoa que exerza a dirección da entidade.
  • Secretario/a: unha persoa de entre o persoal adscrito á Subdirección Xeral de Réxime Xurídico.
  • Vogais:
    • Cinco representantes propostos/as pola consellería competente en materia de augas.
    • Un/unha representante proposto/a pola consellería competente en materia de administracións públicas.
    • Un/unha representante proposto/a pola consellería competente en materia de facenda.
    • Un/unha representante proposto/a pola consellería competente en materia de industria.
    • Un/unha representante proposto/a pola consellería competente en materia de sanidade.
    • Un/unha representante proposto/a pola consellería competente en materia de desenvolvemento rural.
    • Un/unha representante proposto/a pola consellería competente en materia de pesca.
    • Tres representantes das entidades locais propostos/as pola Federación Galega de Municipios e Provincias.
    • Oito representantes dos/as usuarios/as: dous/dúas polos usos domésticos da auga, correspondendo a proposta dun deles ás entidades subministradoras e doutro ás comunidades de usuarios/as e abastecemento, dous/dúas polos/as usuarios/as agrícolas e gandeiros/as, dous/dúas polos usos industriais e dous/dúas en representación dos aproveitamentos hidroeléctricos.
    • Un/unha representante das asociacións non gobernamentais de carácter ambiental máis representativas de Galicia.
    • Un/unha representante da Administración xeral do Estado.

Data de actualización: 09/01/2024