Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Consello para o Uso Sustentable da Auga

Composición do órgano colexiado

  • Presidente/a: a persoa titular da presidencia de Augas de Galicia.
  • Vicpresidente/a: a persoa titular da dirección de Augas de Galicia.
  • Secretario/a: a persoa titular da secretaría do Consello Reitor.
  • Vogais:
    • As persoas titulares dos seguintes órganos e entidades da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas: a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a Axencia Galega de Infraestruturas e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
    • As persoas titulares dos seguintes órganos e entidades pertencentes á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia: a Dirección Xeral de Administración Local e a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, da Consellería de Economía e Industria; a Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, a Secretaría Xeral do Mar e a presidencia de Portos de Galicia, da Consellería do Medio Rural e do Mar; a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, da Consellería de Sanidade.
    • Unha persoa representante de cada unha das confederacións hidrográficas con competencias no territorio de Galicia.
    • Unha persoa representante da Demarcación de Costas do Estado en Galicia.
    • Cinco persoas representantes das administracións locais competentes.
    • Tres representantes das organizacións non gobernamentais de carácter ambiental máis representativas de Galicia.
    • Tres representantes das organizacións sindicais con máis implantación en Galicia.
    • Dous/dúas representantes das organizacións empresariais intersectoriais máis representativas de Galicia.
    • Tres representantes das universidades públicas de Galicia.
    • Dous/dúas representantes das entidades de abastecemento de auga.
    • Catro representantes dos/das usuarios/as industrais da auga, dos/das cales dous corresponderán aos aproveitamentos hidroeléctricos, propostos polas súas asociacións e organizacións máis representativas.
    • Dous/dúas representantes dos/as usuarios/as agrícolas e gandeiros/as da auga.
    • Un/unha representante dos/das usuarios/as forestais que forme parte do Consello Forestal de Galicia.
    • Dous/dúas representantes das asociacións de consumidores/as e usuarios/as máis representativas.
    • Un/unha representante das asociacións de veciños/as, entre as máis representativas, atendendo ao seu ámbito e número de afiliados/as.
    • Un/unha representante das comunidades de usuarios/as legalmente constituídas.
    • Dúas persoas expertas na materia, propostas pola persoa titular da consellería competente en materia de augas.

Data de actualización: 09/01/2024