??? imaxe[1]/titulo ???
ATENCIÓN Á CIDADANÍA

Oficinas de atención á cidadanía e de rexistro

Que é?

É a unidade da Xunta de Galicia que presta atención e asesoramento á cidadanía para a presentación de documentación, información xeral da Xunta de Galicia e as demais funcións que se describen no apartado seguinte.     

Que servizos ofrece?

  • A recepción e dixitalización das solicitudes, escritos e comunicacións que se acheguen de forma presencial dirixidos a calquera Administración pública, coa entrega do documento xustificativo da súa presentación.
  • A información xeral da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia, estrutura orgánica, convocatoria de bolsas, axudas, subvencións... que estean vixentes no momento da consulta).
  • A emisión de copias auténticas de documentos públicos administrativos ou privados que vaian ter unicamente efectos administrativos.
  • O Rexistro de apoderamentos que permitirá aos particulares inscribir a persoa ou persoas que a representen na súa relación coas Administracións públicas (pendente de implantación en todo o Estado).
  • A asistencia á cidadanía na utilización dos medios electrónicos nas súas relacións coa Administración.
  • A asistencia á cidadanía para a presentación de solicitudes de iniciación de procedementos administrativos que se xestionen na Xunta de Galicia.
  • A notificación por comparecencia aos particulares que o soliciten relativa a asuntos relacionados coa Administración autonómica.
  • A expedición da Chave365.
  • A emisión do certificado electrónico da Fábrica Nacional de la Moneda y Timbre (FNMT).

Quen pode acceder aos seus servizos?

Calquera persoa que precise realizar algunha actividade relacionada coas funcións que se sinalan no apartado anterior.

Non obstante, deberase ter en conta a obriga de determinados colectivos de relacionarse electronicamente coas Administracións públicas, polo que a presentación de documentos deberase facer a través da sede electrónica da administración correspondente. Estes colectivos tamén están legalmente excluídos do dereito a ser asistidos no uso de medios electrónicos.

Están obrigados a relacionarse electronicamente coas Administracións Públicas os colectivos incluídos no artigos 14.2 e 3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, e no ámbito do sector público autonómico de Galicia, tamén os incluídos no artigo 10 da Lei 4/2019, do17 de xullo, de administración dixital de Galicia. Se algún destes suxeitos obrigados presenta a súa solicitude ou documentación presencialmente serán requiridos para emendalo a través da presentación electrónica, e se considerará como data de presentación aquela na que se realice a emenda.

Para a presentación de documentación é necesario o Documento Nacional de Identidade ou documento identificador equivalente.

Como se pode acceder a estes servizos?

Persoalmente:

Principais oficinas de atención á cidadanía e de rexistro da Xunta de Galicia:

Importante: en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (CECOP) sobre as medias preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do Coronavirus, as oficinas de rexistro e atención á cidadanía permanecerán pechadas mentres dure a actual situación. A atención á cidadanía canalizarase por medio do 012 e a presentación de documentos poderá efectuarse a través do Rexistro Electrónico, dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal as 24 horas do día.

  • Oficinas dos edificios administrativos (Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza). Horario de atención ao público: das 9.00 ás 19.00 horas en xornadas de luns a venres, e das 9.00 ás 14.00 horas os sábados e os días 24 e 31 de decembro cando sexan laborais. Horario de verán: desde o 16 de xuño ata o 15 de setembro (ambos inclusive), de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres e os sábados de xuño e setembro. Os sábados de xullo e agosto estas oficinas permanecerán pechadas. Importante: o sábado 11 de abril permanecerán pechados ao público o Rexistro Xeral en Santiago de Compostela e os Rexistros dos Edificios Administrativos da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo
  • Outras oficinas principais. Horario de atención ao público: das 9.00 ás 14.00 horas en xornada de luns a venres.
Resto de oficinas. Horario de atención ao público: das 9.00 ás 14.00 horas en xornada de luns a venres. 


Atención telefónica:

Información administrativa xeral: chamando ao número 012 de luns a venres, de 8 horas a 20 horas.