A Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración integra legalmente o procedemento de avaliación como unha parte imprescindible do ciclo das políticas públicas. Un procedemento de avaliación que, ademais, deberá nutrirse da información achegada pola cidadanía a través das súas suxestións, queixas ou indicadores de satisfacción, co fin de lograr que sexa o impulso cidadán o que guíe o procedemento de avaliación e mellora continua dos servizos.