Administración electrónica

A sede electrónica da Xunta de Galicia é o enderezo web desde o cal se pode exercer, en condicións totalmente seguras, o dereito de acceso á información e aos servizos  electrónicos que o goberno galego ten dispoñibles para a súa tramitación en liña.

Tamén pode acceder ás oficinas virtuais dos distintos departamentos da Xunta, así como a outros servizos da administración electrónica, na sección eServizos.