Suxestións e queixas

Desde esta páxina web podes acceder á información para presentar unha suxestión ou queixa ante a Administración autonómica.

Que é unha suxestion ou unha queixa?

Teñen a consideración de suxestións todas aquelas iniciativas e propostas, presentadas por escrito por calquera persoa física ou xurídica, que teñan como finalidade mellorar a organización e/ou a calidade dos servizos prestados polo sector público autonómico e, en especial, aquelas que poidan contribuír a simplificar, reducir ou eliminar trámites na súa relación coa Administración.

Teñen a consideración de queixas as formulacións presentadas por escrito, por calquera persoa física ou xurídica, relativas a calquera aspecto de insatisfacción sobre o funcionamento dos servizos prestados polo sector público autonómico, especialmente tardanzas, desatencións ou calquera outra deficiencia na súa actuación, que contribúan a incrementar os parámetros de eficacia, eficiencia e calidade na prestación dos servizos públicos.

Descrición dos servizos da canle telefónica

As modalidades de presentación son:

Unha vez cuberto o modelo normalizado, deberá presentarse en calquera das oficinas que integran o Sistema único de rexistro.

Outros ámbitos de reclamación

  • Ámbito sanitario

    Para reclamacións ou suxestións no ámbito sanitario, debe premer nesta ligazón.

    Icono de Ámbito sanitario
  • Ámbito xudicial

    Para reclamacións ou suxestións no ámbito xudicial, debe premer nesta ligazón.

    Icono de Ámbito xudicial
  • Ámbito educativo

    Para queixas ou suxestións no ámbito docente, debe empregar o formulario do procedemento PR004A e dirixilo á Secretaría Xeral Técnica da Conselleria de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

    Icono de Ámbito educativo
  • Ámbito de consumo

    Para reclamación en materia de consumo, debe presentalo a través do procedemento CO401A.

    Icono de Ámbito de consumo