Envío de suxestións e queixas
Desde esta páxina web vostede poderá acceder á información para poder presentar unha suxestión ou queixa ante a Administración autonómica.
Teñen a consideración de suxestións todas aquelas iniciativas e propostas, presentadas por escrito por calquera persoa física ou xurídica, que teñan como finalidade mellorar a organización e/ou a calidade dos servizos prestados polo sector público autonómico e, en especial, aquelas que poidan contribuír a simplificar, reducir ou eliminar trámites na súa relación coa Administración.
Teñen a consideración de queixas as formulacións presentadas por escrito, por calquera persoa física ou xurídica, relativas a calquera aspecto de insatisfacción sobre o funcionamento dos servizos prestados polo sector público autonómico, especialmente tardanzas, desatencións ou calquera outra deficiencia na súa actuación, que contribúan a incrementar os parámetros de eficacia, eficiencia e calidade na prestación dos servizos públicos.
Advertencia:
- Para reclamacións ou suxestións no ámbito sanitario, debe premer nesta ligazón.
- Para reclamacións ou suxestións no ámbito xudicial, debe premer nesta ligazón.
- Para queixas ou suxestións no ámbito docente, debe empregar o formulario do procedemento PR004A e dirixilo á Secretaría Xeral Técnica da Conselleria de Cultura, Educación e Universidade.
- Para reclamación en materia de consumo, debe presentalo a través do procedemento CO401A.
As modalidades de presentación son:
- Electrónica: a través da sede electrónica:
- Telefónica: a través do teléfono 012
- Presencial: cubrindo os modelos normalizados:
Unha vez cuberto o modelo normalizado, deberá presentarse en calquera das oficinas que integran o Sistema único de rexistro.
Normativa:
- Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración
- Decreto 129/2016, do 15 de setembro, polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia
Agradecemos a súa colaboración por canto poida redundar nunha mellora na calidade dos servizos que presta a nosa Administración.