Participación cidadá no Parlamento de Galicia

Neste apartado recóllense as distintas vías de participación cidadá no Parlamento de Galicia, facilitando que os galegos e galegas se impliquen activamente na actividade parlamentaria.

Na seguinte ligazón recóllense os distintos mecanismos de participación cidadá no Parlamento de Galicia, entre as que cabe destacar a posibilidade de presentar proposicións de lei de iniciativa lexislativa popular, a participación popular na elaboración das leis, a participación popular no impulso da acción de goberno a través de proposicións non de lei, a participación popular no control ao Goberno ou o dereito de petición ante o Parlamento de Galicia.

Participación cidadá no Parlamento de Galicia

 

Na seguinte ligazón recóllese a posibilidade que se lle ofrece á cidadanía de opinar sobre os proxectos e proposicións de lei que se atopan en tramitación no Parlamento de Galicia, así como doutros temas de interese.

Lexisla con nós: proxectos e proposicións de lei que se atopan en tramitación

Data de actualización: 09/03/2017

Resultoulle útil a información?