SISTEMA INTEGRADO DE ATENCIÓN Á CIDADANÍA
Funcións do sistema
O Sistema integrado de atención á cidadanía ten as seguintes funcións:
- Facilitarlle á cidadanía información xeral e orientación sobre as dependencias, centros, servizos, procedementos administrativos, axudas, subvencións e calquera outra documentación necesaria para a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións.
- Informar sobre o estado de tramitación dos procedementos administrativos ás persoas que teñan a condición de interesadas, así como ás persoas responsables da súa tramitación e resolución.
- Orientar, segundo a normativa vixente, sobre os requisitos técnicos e xurídicos que deban conter as solicitudes ou actuacións que a cidadanía pretende realizar.
- Informar e orientar sobre o procedemento para o exercicio do dereito de acceso á información pública ao abeiro da lexislación vixente en materia de transparencia.
- Informar e orientar sobre o acceso e a tramitación do procedemento de presentación de suxestións e/ou queixas, así como facilitar a súa tramitación.
- Informar e orientar sobre o acceso e a tramitación electrónica dos procedementos administrativos.
- Orientar e atender á cidadanía no exercicio dos seus dereitos e no cumprimento das súas obrigas.