Relacións de postos de traballo

Neste apartado recóllense as relacións de postos de traballo da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, así como os cadros de persoal e demais instrumentos de ordenación de persoal dos ámbitos de función pública, sanitario e docente.

Concepto de relación de postos de traballo

Según dispón a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a relación de postos de traballo é un instrumento técnico de carácter público que inclúe todos os postos de traballo de natureza funcionarial e laboral existentes en cada unha das administracións públicas incluídas no ámbito de aplicación da presente lei.

A través da respectiva relación de postos de traballo, as administracións públicas estruturan a súa organización, clasifican os postos de traballo existentes no seu ámbito e determinan o seu contido para a selección e provisión dos mesmos, procurando organizar, racionalizar e ordenar o persoal en orde a facilitar unha eficaz prestación dos servizos públicos.

Os orzamentos reflectirán os créditos correspondentes ás relacións de postos de traballo, sen que poida existir ningún posto que non estea dotado orzamentariamente.

Contido das relacións de postos de traballo

O artigo 38.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril establece que as relacións de postos de traballo incluirán, como mínimo, por cada posto o seguinte contido:

a) O código alfanumérico, denominación e natureza xurídica.

b) A clasificación profesional.

c) O sistema de provisión.

d) A adscrición orgánica.

e) O complemento retributivo do posto.

f) Os requisitos, méritos, capacidades e, no seu caso, experiencia ou categoría profesional para a súa provisión.

g) Calquera outra circunstancia relevante para a súa provisión nos termos previstos regulamentariamente.

 

Para coñecer as retribucións completas dos postos de traballo, en función da súa clasificación, pódese consultar o apartado de Contía de retribucións do persoal.

Frecuencia de actualización: continua

Resultoulle útil a información?