Indemnizacións por razón do servizo

Neste apartado recóllense as contías globais das indemnizacións por razón do servizo que resultan de aplicación ao persoal empregado público.

As contías das indemnizacións por razón de servizo serán as reguladas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, revisadas mediante os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 29 de decembro de 2005 (DOG núm. 250, do 30 de decembro), do 19 de xuño de 2008 (DOG núm. 138, do 17 de xullo), do 10 de xuño de 2021 (DOG núm. 114, do 17 de xuño) e do 23 de novembro de 2023 (DOG núm. 229, do 1 de decembro).

Data de actualización: 21/03/2024

Resultoulle útil a información?