Neste apartado publícanse os orzamentos das entidades integrantes do sector público autonómico, segundo a tipoloxía prevista na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia: organismos autónomos, axencias públicas autonómicas, entidades públicas empresariais, consorcios autonómicos, sociedades mercantís públicas autonómicas e fundacións do sector público autonómico. Así mesmo, recóllense os orzamentos correspondentes ás entidades públicas instrumentais de asesoramento e consulta que a efectos orzamentarios teñen a consideración de organismos autónomos.