A Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministración de información previstas na LOEPSF, establece no seu artigo 18.1.k) que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas publicará periodicamente a través da central de información económico-financeira das Administracións Públicas “o dato do periodo medio de pago a provedores comunicado ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas polas comunidades autónomas, así como o detalle da información máis relevante en materia de morosidade e débeda comercial”.
Sobre a base de tal habilitación, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, a través da Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica e Local, elabora os informes mensuais sobre prazos de pago a provedores e débeda comercial das comunidades autónomas, comprensivos dos datos máis relevantes en materia de morosidade e débeda comercial das comunidades autónomas.