Gasto por habitante
|
2018 |
2019 |
2020 |
2021 |
2022 |
2023 |
2024 |
Ratio gasto non financeiro por habitante |
3.371,5 |
3.528,2 |
3.835,9 |
4.092,2 |
4.074,2 |
4.690,8 |
4.927,3 |
Gasto con perspectiva territorial
O orzamento 2024 conta tamén cunha perspectiva territorial, que se refire a todas as partidas de gasto agás as financeiras. Unha vez deducido o gasto financeiro, o correspondente aos servizos centrais, é dicir, aqueles gastos asociados aos servizos prestados desde as sedes administrativas da Xunta situadas no Concello de Santiago, e o gasto cun ámbito superior ao provincial, a distribución provincial do gasto explica o 90% do gasto non financeiro. A distribución dese gasto per cápita por provincias é a seguinte: A Coruña 4.157 euros por habitante, Lugo 5.568 euros por habitante, Ourense 5.409 euros por habitante e Pontevedra 4.031 euros por habitante.
Como pode apreciarse, as políticas consolidadas de gasto apostan pola cohesión territorial investindo en torno a 1.000 euros máis por habitante nas provincias menos poboadas.