Encomendas de xestión

A Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico prevé a realización de encomendas de xestión, que supoñen a realización de actividades de carácter material, técnico ou de servizos, entre órganos da mesma ou diferentes administracións ou entidades por razóns de eficacia ou cando non se posúan os medios técnicos idóneos para o seu desempeño. Neste apartado recóllense encomendas acordadas polos diferentes departamentos da Xunta de Galicia, dando cumprimento ás obrigacións previstas na normativa vixente en materia de transparencia, así como ás previstas na citada lei.

En concreto, publícase, respecto a cada encomenda, o seu obxecto, a entidade encomendante e a encomendada, a data da súa sinatura, orzamento, duración, obrigas económicas e as subcontratacións que se realicen. Ademais, publícase, no seu caso, a ligazón da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Frecuencia de actualización: continua
Ten dispoñibles 7 cos criterios que seleccionou:
Data de sinatura: 23/11/18 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Encomenda da Axencia Turismo de Galicia á S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

Data de sinatura: 15/03/17 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Encomenda da Axencia Turismo de Galicia a Axencia Galega de Infraestruturas

Data de sinatura: 20/02/17 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Encomenda da Axencia Turismo de Galicia a Axencia Galega de Infraestruturas

Data de sinatura: 20/09/16 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Encomenda da Axencia Turismo de Galicia á Axencia Galega de Infraestruturas

Data de sinatura: 14/03/16 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Encomenda da Axencia Turismo de Galicia a Servizos Agrarios Galegos SA

Data de sinatura: 23/02/16 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Encomenda da Axencia Turismo de Galicia a Servizos Agrarios Galegos SA

Data de sinatura: 04/02/16 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Medios

Encomenda da Secretaría Xeral de Medios a Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.